21/03/10

Publicado 15:36 por con 0 comentarios

The Greatest Action Story Ever Told

The Greatest Action Story Ever Told (A meirande historia de acción xamais contada)

Emitido no especial de Nadal do 2x09 de MADtv (14/12/1996). Esta peza é unha parodia dos filmes "The Greatest Story Ever Told" (1965, A historia máis grande xamais contada) e "The Terminator" (1984, Terminator). Obviamente fíxose anos antes de que "The Terminator 3: Rise of the Machines" (2003, Terminator 3: A rebelión das máquinas) fose unha realidade.
Transcrición ao galego, logo do chimpo.

Narrador: A este mundo, naceu un neno.
25 de decembro, ano 0000.
[Función escáner] Coincidencia (son os 3 Reis Magos, en inglés "Wise Man", sabios).
Baltasar: Desfrutando do aire da noite, irmán?
Teminator: A súa túnica, déama.
Baltasar: Traio moitos agasallos, pero asegúrote que a miña roupa non é un deles.
Terminator: Que es ti? Algún tipo de sabichón?
Baltasar: Pois... certamente, si!
El volveu!. Arnold Schwarzenegger é Terminator en A meirande historia de acción xamais contada.
Función de busca: [Fillo de Deus] - Pousada=[1] Cuartos dispoñibles=[0]
[Asunto] En movemento
Fomos a Nazaret. Belén, destino referido Nazaret, Galilea.
Terminator: Hasta la vista, Baby Jesus (A rañala, raparigo Xesús)
33 anos despois
Xesús: Moi ben, moi ben, senten. Fixen dabondo? Ben. Volvendo ao meu sermón. Benditos son...
Terminator: Agacha! Ven comigo se queres vivir.
Xesús: Que estás a facer?
Terminator: Víñante arrestar.
Xesús. Seino.
Teminator: E crucificarte.
Xesús: Suponse que así ocorrerá.
Terminator: Que es? Un masoquista?
Narrador: No principio, existiu Arnold.
Terminator: Son un organismo cibernético, tecido vivo sobre un endoesqueleto de metal. A miña misión é protexerte.
Xesús: Aprecio a túa intención, e entendo que percorriches un longo camiño. Pero hai un plan, un plan divino incluso,  
Exterminar [soldados]
...e non cho podo explicar agora, pero tes que, DEBES manterte afastado. E non podes ir por aí matando xente!
Terminator: Porque?
Xesús: Por que é un dos mandamentos de Deus, non matarás.
Terminator: Porque?
Xesús: Por que é un pecado.
Terminator: Porque?
Xesús: Porque non está ben!
Terminator: Porque?
Xesús: Perdóao pai. É un robot do futuro.
Narrador: Non te podes perder esta película. Agora, veñan admirar o milagre!
Xesús: Irmáns, o meu tempo chegou á súa fin. Pero mentres, comamos.
Ficheiro inimigo: Xudas - Aviso Traizoará a Xesús - Exterminar ao momento
Terminator: Come isto!
Xesús: Pero ti non o entendes, non?
Terminator: Elixíronte para ser exterminado.
Xesús: Xa cho dixen! Suponse que vou morrer polos pecados da humanidade!
Terminator: Estou programado para protexerte.
Xesús: Para! Para de matar a Xudas!
Terminator: Pero el vaite traizoar.
Xesús: Seino. Mira, mira. Teño moitas cousas na cabeza agora, e ti, de verdade, estásme a estresar, vale? Vale!?
Terminator: Poncio Pilato ás 10 en punto!
Xesús: Dáme esa cousa!
Narrador: Este Nadal, o inocente herdará a acción.
Terminator: Non se preocupe... he'll be back (volverá). Que?
Narrador: Terminator 3, a meirande historia de acción xamais contada. Bendí esta película.