20/04/14

Publicado 09:43 por con 0 comentarios

If Miyazaki Films Were Like Other Anime

If Miyazaki Films Were Like Other Anime (Se os filmes de Miyazaki fosen como outro anime)

O seu mérito artístico "It's Over 9000" (medición das unidades de combate en DBZ, un erro na dobraxe inglesa que deviu nunha charabisca {meme, chiste} recorrente "bastante por riba das 8000" na dobraxe en galego).

  • Tonari no Totoro (O meu veciño Totoro): Referencia a Dragon Ball Z, "Dragón Z"
  • Gake no ue no Ponyo (Ponyo sobre o acantilado no mar): Referencia típica aos animes, se lle poden medrar as patas tamén lle poden medrar os peitos. O Mestre Mutenroi aproba isto!
  • Hauru no Ugoku Shiro (O castelo errante de Howl): Referencia a Gatchaman, emitido na TVG como "Gardiáns do espazo" (a miúdo sóese errar este título para lembrar aos Thunderbirds, que eran os "Falcóns do espazo").
  • Sen to Chihiro no kamikakushi (A desaparición espiritual de Sen a Chihiro): Referencia a Bishoujo Senshi Sailor Moon, emitido na TVG como "A guerreira Lúa".
  • Mononoke Hime (A princesa Mononoke): Referencia a Pocket Monsters (Pokémon, Monstros de peto). Ashitaka é Ash, e meten a Porco Rosso (Kurenai no buta) coma Pikachu. Remata con outra das típicas referencias a animes, San é apertada por tentáculos.
Vía | https://twitter.com/vicentesab/status/457673562560528385