30/06/14

Publicado 03:28 por con 0 comentarios

Silence of love

Silence of love (Amor silente)
A través dos ollos dunha adolescente coñecemos a seu pai, un home xordomudo, motivo polo que se mofan dela na escola. Négase a aceptar o amor de seu pai e tenta escapar para acabar volvendo á casa, onde, decepcionada, quer suicidarse. A rápida intervención do pai, levándoa en brazos ao hospital e doándolle o seu sangue, sálvaa; e agora ela entende que, sen ser seu pai perfecto, o amor que lle profesaba si o era, e non se decatou dos actos onde llo demostraba.


Orixinal: http://youtu.be/tmMRvuV2We4 - http://youtu.be/qZMX6H6YY1M
Director: Thanonchai Sornsriwichai (Bangkok, Tailandia)

Información:
http://www.advertolog.com/thai-life-insurance/adverts/silence-of-love-14770905/
http://www.advertolog.com/thai-life-insurance/adverts/silence-of-love-15537805/

Recoñecementos:
- Spikes Asia 2011 Film Product & Service Bronze,
- Cannes Lions 2012 Film Lions Banking, Investment & Insurance Bronze