29/12/08

Publicado 09:46 por con 0 comentarios

What is that?

Ti einai afto? (Que é iso?) {Τι είναι αυτό;}
Pai e fillo están sentados nun banco. De socato, un pardal (gorrión) voa darredor deles.
Director: Constantin Pilavios
Ano: 2007, Grecia.

Transcrición:
Pai: Que é iso?
Fillo: Un pardal
Pai: Que é iso?
Fillo: Acabo de dicirllo pai. É un pardal.
Pai: Que é iso?
Fillo: Un pardal pai, un pardal. Un p-a-r-d-a-l!
Pai: Que é iso?
Fillo: Pero porque fai isto? Xa lle dixen varias veces que é un pardal! Non o entende? A onde vai?
Pai: En alto...
Fillo: Hoxe o meu fillo máis novo, quen hai uns días fixo 3 anos, estaba sentado ao meu carón no parque cando un pardal se pousou diante nosa. O meu fillo preguntoume 21 veces que era iso, e eu respondinlle todas as 21 veces que iso era... un pardal. Abraceino todas as veces que me fixo a mesma pregunta. Unha e outra vez... sen anoxarme, sentindo cariño polo meu inocente pequeno.