07/06/09

Publicado 12:00 por con 0 comentarios

DEADLINE

DEADLINE (data límite)
Vas con présa, tes que apuntar algo para un exame e, que fas? Como calquera estudante, terás á man os clásicos "post-it", para apuntar e colar onde necesites que che lembre algo. Ata agora este era o uso máis normal que tiñan estas notas, pero, e se xogamos con elas nunha parede baleira?


Páxina orixinal: http://bangyaoliu.com

Proxecto de graduación de Bang-Yao Liu no Colexio de Arte e Deseño Savannah (Georgia, EUA). A idea xorde ao estar ocupado e sentir que non se pelexa cos traballos senón cos apuntes e o remate do prazo. Manipula os post-it imitando píxeles, para crear un stop motion con interaccións co actor.

Así, coller uns poucos post-it e colalos para facer animacións coas mesmas, poñendo unha aquí e outra alá. O resultado, logo de 3 meses de planificación, 4 días de gravación e máis de 6000 post-it (e paciencia), é esta curiosa peza, gravada coa técnica do stop motion. Impresiona, non? Pois olla "como se fixo":