21/09/09

Publicado 14:25 por con 0 comentarios

Homenaxe a Yoshito Usui

Dende este caderno quero sumarme ao recordo do recentemente falecido Yoshito Usui dando constancia a través desta entrada do noso duelo e pesar. Sempre o recordaremos con agarimo como o entrañable autor da súa obra máis coñecida, Crayon Shin-chan, a cal se converteu para moitos nunha parte imprescindible da nosa cultura popular.

Descanse en paz, Usui-sensei.
21/04/1958 - 11/09/2009

Esta é unha mensaxe pensada para que toda a blogosfera poida poñer unha mensaxe en común. A iniciativa é de Hoy les presentamos… e alí poderedes atopar o código para copialo e simplemente pegalo como HTML no voso blog (aquí adapteino ao galego). A imaxe é da colección particular de Marc Bernabé (un orixinal de Yoshito Usui, agasallo que lle fixo ao coñecido tradutor de manga en España e amigo persoal do artista) e cédea para uso libre de todos.